As cidades creceron de forma exponencial e iso supuxo aumentar o número de construcións. Como consecuencia, incrementouse a contaminación do medioambiente. Por iso, unha das mellores formas para reducir o impacto ambiental é a arquitectura sostible.
A arquitectura sostible baséase no uso de técnicas e materiais ecolóxicos durante todo o proceso de construción. Este tipo de edificacións buscan reducir o impacto ambiental mediante un consumo de enerxía eficiente e a protección do espazo ocupado.
Ademais, para a construción, así como para conseguir os obxectivos de eficiencia enerxética, utilízanse materiais sostibles locais e respectuosos co medioambiente.
Este tipo de edificacións aplica os principios de arquitectura bioclimática nas que se busca unha iluminación e ventilación natural. Doutra banda, para conseguir a eficiencia enerxética, mediante o uso dos materiais ecolóxicos íllanse de forma óptima todas as zonas da construción.
Durante a década dos 70, especialmente durante a crise do petróleo, empezou a aparecer a idea do aforro enerxético como consecuencia do consumo masivo de combustibles fósiles.
Unha década despois, publícase o Informe Brundtland, que definiu o desenvolvemento sostible como aquel que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade de satisfacción das necesidades das futuras xeracións. Á súa vez, este informe explora as causas da contaminación ambiental.
Con estes estudos e modificacións empezouse a traballar a nivel social e gobernamental no cambio dun sistema sostible que inclúe á arquitectura e o urbanismo.
A arquitectura sostible aporta unha serie de beneficios tanto a nivel medioambiental como a nivel persoal.
Este tipo de arquitectura promove e aplica o uso de materiais ecolóxicos así como recursos naturais. Desta forma, redúcese a necesidade de utilizar enerxías non renovables e diminúe, á vez, o impacto ambiental.
Co deseño de edificacións eficientes e o uso de enerxías renovables, redúcese a emisión de gases de efecto invernadoiro causado polo notable aumento de CO2 xerado artificialmente pola queima de combustibles.
Os edificios sostibles están deseñados para lograr un máximo aforro en electricidade das vivendas. Para iso, planéanse de forma que conten coa máxima luz natural, evitando un exceso de consumo eléctrico.
Ademais, para a construción utilízanse materiais sostibles que favorecen ao illamento, o que se traduce nunha regulación da temperatura de forma natural sen necesidade de elementos externos como aire acondicionado.
A arquitectura sostible aplica estratexias que melloran a calidade do aire do interior das vivendas. Mediante elas, evítase a acumulación de contaminantes e favorécese unha boa ventilación.
Isto non só facilita a eficiencia enerxética, senón que unha boa calidade do aire reduce os riscos para a saúde dos habitantes.
Un dos principios da arquitectura sostible é garantir a comodidade dos habitantes. Para conseguilo deséñanse espazos grandes, funcionais, iluminados e cunha boa calidade o aire.
Unha vivenda confortable pode afectar directamente á produtividade, estabilidade e calidade de vida dos seus inquilinos.
Este tipo de edificacións buscan conservar ao máximo a parte máis natural da paisaxe. Como resultado, podemos atopar edificios que contan con xardíns verticais.
Esta vexetación ten o papel de bloquear a radiación solar, serven como illamento térmico e poden axudar á protección da fachada, alongando así a súa vida e evitando a rehabilitación.
O sector da construción é responsable do 39% das emisións de dióxido de carbono polo que, para reducir a contaminación, é necesario consumir de forma responsable.
Co fin de logralo, utilízanse materiais ecolóxicos que tiveron un baixo impacto ambiental tanto no proceso de fabricación como na colocación e mantemento. Para entrar dentro desta categoría, os compoñentes deben ser duradeiros e reutilizables, e tanto a súa composición como a súa procedencia deben ter orixe local.
En cada un dos procesos dunha construcción teñen protagonismo distintos materiais sostibles.
Un dos certificados de arquitectura sostible máis populares e en crecemento son as Passivhaus. Este tipo de vivendas aforran entre un 70% e un 90% de enerxía grazas ao seu deseño sostible.
Mediante os mencionados principios da arquitectura bioclimática, e en combinación coas enerxías renovables, redúcese ao máximo posible o consumo enerxético dunha vivenda.
Ademais da súa repercusión económica e, por suposto, ambiental, este tipo de construcións, así como todas as que pertencen á arquitectura sostible, benefician á nosa saúde e achegan un maior confort no día a día dos inquilinos.
c/ San Roque 33, Bajo
Santiago de Compostela
© Abeiro