Nós
Somos
Somos unha empresa construtora situada na cidade histórica de Santiago de Compostela cunha contrastada experiencia no sector, e integrada por un equipo de profesionais con distintas habilidades e co obxectivo común de construír relacións de confianza cos nosos clientes, provedores, empregados e socios de traballo, baseadas na honestidade e cun servizo de calidade.
Queremos ser a empresa construtora coa que os nosos clientes se sintan seguros co seu proxecto, transmitíndolles tranquilidade ao longo de todo o proceso de construción da súa vivenda.
“ao noso abeiro”
Equipo Directivo
Javier Martínez Valverde
Director de Produción e Socio
Javier ten máis de 25 anos de experiencia no sector da construción, e máis de 15 dirixindo equipos no área de Produción. Foi socio fundador de Nova Aseconia, Soc. Coop. Galega, proxecto pioneiro en Galicia ao darlle forma ao sector da construción a través dunha cooperativa. Como especialista en Carpintería, Javier é unha persoa que coida o detalle e caracterizada ademais pola súa paixón cara a calidade de servizo e atención ao cliente. É unha persoa organizada e traballa ben baixo presión para atender cun alto grado de satisfacción as necesidades dos nosos clientes.
José Quintás Cardama
Director de Finanzas e Socio
José ten unha extensa experiencia no sector financeiro, tanto nacional como internacionalmente. É Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e Risk Manager pola Universidade de Texas en Austin, onde tamén asistiu ao programa Executive MBA. Ten experiencia en grandes multinacionais de prestixio como BBVA, S.A, Skipton Building Society, Genworth Financial, Inc. ou Telefónica, S.A. Como emprendedor liderou distintos proxectos de natureza financeira en mercados internacionais.
Curso Superior de Especialización en Gestión de Obras de Rehabilitación
Colaboradores
Leticia Lanzós Castro
Arquitecta
Leticia é Arquitecta (2011), Máster en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña (2016) e Deseñadora Passivhaus Certificada (2022). O seu interese céntrase na Rehabilitación e Conservación do Patrimonio Construído, introducindo criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética. O seu enfoque creativo busca a transformación dos espazos respectando a súa esencia e adaptándoos a unha nova vida, útil e personalizada no deseño.