Filosofía de empresa
Colección Familia de la Riva
Visión
Converternos na empresa construtora de referencia para os nosos clientes, provedores, empregados e profesionais do sector, non só pola calidade nos nosos traballos senón pola profesionalidade de todo o noso equipo na execución dos mesmos. Queremos mellorar a calidade de vida dos nosos clientes e contribuír a facer cidade, construíndo e rehabilitando espazos destinados á vivenda.
Valores
PUNTUALIDADE
Dar importancia ao teu tempo é parte da nosa maneira de xestionar o negocio. Puntualidade non só significa para Abeiro chegar a tempo ás citas, senón entregar os orzamentos, executar os proxectos e comunicarnos con clientes, provedores, empregados e socios de traballo de xeito áxil e preciso.
AUTOCRÍTICA
Sometémonos a unha avaliación continua para mellorar o noso desempeño e relacións. Para iso é importante a comunicación dentro e fora da organización. Caracterizámonos por saber escoitar tanto ao noso equipo de colaboradores como aos nosos clientes, para así poder autoavaliarnos e mellorar continuamente.
SEGURIDADE
Mantemos unha contorna de traballo segura en beneficio de todos os que están ou poderían estar implicados nas nosas operacións. Para nós é moi importante que o noso equipo de traballo se sinta seguro na execución dos nosos proxectos. A seguridade transmite confianza tanto para o noso equipo como para os nosos socios e clientes.
INTEGRIDADE
Utilizamos altos estándares de conduta en todas as nosas actividades e relacións. Cumprimos as nosas promesas e comportámonos con transparencia e honestidade.
ORIXINALIDADE
Construímos dun xeito distinto e novo, non limitándonos a reproducir o que outros fan. Rompemos os paradigmas e creamos o noso xeito de facer as cousas co noso propio selo de identidade.
NOSA EMPRESA
Abeiro é o noso proxecto de vida. Proxectamos no noso negocio o noso xeito de vivir. Os nosos valores persoais son os nosos valores de empresa.
Realizamos o noso traballo con paixón e dedicación, e esa enerxía contáxiase e transmítese a todos os nosos colaboradores.
NUESTRA EMPRESA
Abeiro es nuestro proyecto de vida. Proyectamos en nuestro negocio nuestra manera de vivir. Nuestros valores personales son nuestros valores de empresa.
Realizamos nuestro trabajo con pasión y dedicación, y esa energía se contagia y transmite a todos nuestros colaboradores.
Responsabilidade social
Conscientes de que Abeiro debe contribuír a impulsar o progreso da súa contorna, a nosa política de responsabilidade social inspíranos cada día para ser mellores, para mellorar a calidade do noso traballo, para minimizar o impacto sobre o medio ambiente e para coidar as relacións cos nosos colaboradores e empregados. Valoramos nos nosos procesos de toma de decisións a repercusión das súas accións e contribuímos con asociacións de acción social ao desenvolvemento da nosa cidade.