Construción e Rehabilitación Abeiro

Passivhaus
Segundo a directriz europea 2010/31/UE, a construción de edificios de consumo case nulo, tamén chamados NZEB ( nearly zero energy building), serán obrigatorios a partir do ano 2020. Esta directriz responde á necesidade de construír de maneira sostible para xerar un menor impacto no medio ambiente. A construción evoluciona cara a unha menor utilización de recursos enerxéticos e cara á sustentabilidade.
A efectos de medir as características coa que estes edificios están a construírse, existen unha serie de certificados que serven para acreditar estas características construtivas, tales como Breeam, Lede, Well ou Passivhaus.

¿En que consiste o estándar Passivhaus?
O estándar Passivhaus consiste en reducir ao máximo o consumo enerxético dunha vivenda utilizando os principios da arquitectura bioclimática, e obtendo a través de enerxías renovables cando sexa posible a pouca enerxía necesaria para quentar e refrixerar unha vivenda, aínda que en caso de optimización máxima poderíase chegar a construír unha vivenda cunha demanda de enerxía nula.
A construción pasiva ou Passivhaus baséase nuns criterios de deseño que permiten o aproveitamento da enerxía e a luz natural durante o inverno e a minimización da incidencia solar durante o verán.
¿Cales son os principios básicos da construción pasiva ou Passivhaus?
Illamento térmico: chans, paredes e cuberta, a envolvente da vivenda, deben de estar correctamente illados para evitar a perda enerxética no inverno e a ganancia enerxética no verán. En Abeiro sabemos que é moi importante a calidade do illamento a empregar para conseguir un correcto illamento da vivenda.
Hermeticidade: as xuntas da vivenda deben estar perfectamente executadas para evitar as filtracións de aire tanto cara ao interior como ao exterior da vivenda, favorecendo así a ausencia de perdas ou ganancias de enerxía.
Xanelas e portas: son os puntos críticos da envolvente da vivenda e hai que seleccionar convenientemente por tanto os materiais cos que se constrúen, e coidar ao mesmo tempo a execución da súa instalación para asegurar que teñan unha alta prestación térmica.
Pontes térmicas: hai que prestar moita atención ás xuntas e aos elementos estruturais para asegurar a continuidade da envolvente térmica e así eliminar as pontes térmicas, as cales prexudican a eficiencia enerxética dos elementos construtivos e aumentan o risco de condensacións.
Ventilación: é clave dotar á vivenda dun sistema de ventilación de dobre fluxo con recuperador de calor que garanta a correcta ventilación e mellore a eficiencia enerxética e a calidade do aire interior. O recuperador de calor intercambia o aire limpo que entra do exterior co aire que se extrae do interior, recuperando un 95% da calor expulsada. O aire que entra na vivenda faino a unha temperatura moi parecida á temperatura interior.

¿Cáles son os beneficios da construción pasiva ou Passivhaus?
A construción pasiva achega os seguintes beneficios:
Económicos: a construción da vivenda pasiva xera unha menor demanda de enerxía polo que se produce un claro aforro económico. Este tipo de vivendas tenderá a manter un valor de mercado maior a outras que non sexan sostibles nin sexan eficientes na utilización de enerxía.
Ambientais: a menor utilización de recursos enerxéticos ten un impacto directo co medioambiente dado que se emiten menos gases contaminantes á atmosfera.
De Saúde: mellórase a calidade do aire que se respira dentro dunha vivenda así como que se crea un confort térmico e acústico moito maior que nunha vivenda tradicional.
Passivhaus foi desenvolto en Alemaña a finais dos anos 80, construíndose a primeira vivenda pasiva en 1990 e finalmente creándose o Passivhaus Institute en 1996.
O equipo de Abeiro conta coa preparación e certificación necesaria para construír vivendas pasivas ou Passivhaus e vivendas de baixo consumo enerxético cun deseño único e personalizado en Galicia. Utilizamos os métodos de construción e materiais adecuados para garantir nas nosas vivendas o illamento, aforro de electricidade, consumo case nulo de calefacción, iluminación natural e circulación de aire necesarias para cumprir cos estándares deste tipo de construción.
Constrúe mellor, vive mellor.
