Construción e Rehabilitación Abeiro

Deseño

Contamos cun departamento técnico dende o que deseñamos a medida os proxectos dos nosos clientes. O seu principal obxectivo é garantir a satisfacción dos nosos clientes tanto dende o punto de vista do deseño arquitectónico como no de evitar sobrecostos e cumprir os prazos establecidos na execución das obras.

O noso servizo é chave en man,  pasando dende o deseño do proxecto, xestión de tramitación de licenzas municipais, ata a execución e documentación final de obra.

O noso departamento técnico consegue establecer un diálogo fluído cos responsables técnicos dos distintos concellos cos que traballamos, facilitando así a tramitación dos proxectos dos nosos clientes.

Encántanos traballar a madeira, sendo este o noso material preferido nas obras de construción, tanto polas súas características arquitectónicas como polo deseño final da vivenda.

O traballo do departamento céntrase na rehabilitación, construción de novos edificios, locais comerciais e Passivhaus. O noso traballo sempre está dirixido ao desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética e de construción responsable e sostible.