Construción e Rehabilitación Abeiro

Casas de Madeira

As casas prefabricadas de madeira con enxeñería de madeira contralaminada ou CLT (Cross Laminated Timber) permiten nun tempo moi reducido e coas máximas prestacións, ter lista para a entrega final ó cliente unha casa prefabricada. Os proxectos que deseñamos con este tipo de construción modular son personalizados, adaptándonos sempre as necesidades de cada cliente.  

O proceso de construción deste tipo de vivendas realízase a través de procesos industrializados, tendo como consecuencia unha serie de vantaxes, como maior velocidade e control na execución, maior precisión, mellor calidade e seguridade na construción. A vivenda sairá de fábrica case totalmente executada e os distintos módulos trasladaranse e colocaranse sobre a cimentación, quedando por executar únicamente as instalacións e acabados previa a entrega final.

Ademáis, este tipo de construción ecolóxica é sostible co medio ambiente e aporta grandes vantaxes de confort térmico, acústico, lumínico e de calidade interior do aire, o que a converte nunha das máis saudables e eco-friendly.

¿Cómo se consegue unha maior rapidez na execución da obra?

Primeiro de todo, é conveniente explicar en qué consiste a madeira contralaminada ou CLT.

A madeira contralaminada ou CLT está formada por láminas de madeira pegadas en varias capas cruzadas lonxitudinal e transversalmente, logrando así unha gran resistencia e illamento térmico e acústico. As láminas están pegadas a alta presión para formar paneis de madeira macizos pero moi lixeiros.

A execución da obra lévase a cabo mediante módulos de madeira contralaminada ou CLT. Entréganse en obra seguindo un estrito proceso de control e colócanse de forma ordenada e precisa, o que nos permite un gran aforro en tempos de execución.

A madeira contralaminada ou CLT tamén ofrece unha gran versatilidade na construción modular. Ademáis dos importantes beneficios ambientais que este producto ten sobre a construción en aceiro ou formigón, a madeira contralaminada ou CLT permítenos construir paredes, pisos ou tellados, crear espazos moi abertos e incluso edificios de gran altura coas máximas garantías.

Distintos Acabados Interiores e Exteriores

Utilizamos as mellores calidades do mercado nos materiais, sobre todo no relacionado co illamento, logrando así unha gran eficiencia enerxética con temperaturas estables no interior. O noso sistema de construción modular adáptase ao estándar Passivhaus ou de casa pasiva.

As fachadas poden ser de tipo ventiladas ou co sistema SATE, nos dous casos con diferentes acabados como pedra, madeira, composite, porcelánico, pinturas térmicas, etc.

As fachadas ventiladas permiten o paso do aire, logrando así unha temperatura estable, evitando a condensación e a humidade e ao mesmo tempo logrando un gran illamento. Este sistema consiste en colocar unha folla moi lixeira no exterior, deixando unha cámara ben ventilada, incluso nos extremos superior e inferior. Así permítese a entrada e saída de aire, favorecendo que este circule pola cámara, axudando a evitar a acumulación de calor e eliminando a humidade producida pola choiva ou a condensación. Ademáis bloquea a radiación solar directa e proporciona un illamento continuo, reducindo considerablemente o uso do aire acondicionado.

As fachadas con sistema SATE (sistemas de illamento térmico exterior) úsanse para illar térmica e acústicamente unha fachada do exterior. Este sistema ten grandes vantaxes desde o punto de vista de aforro de enerxía, medio ambiente e confort, por iso é un sitema moi usado tanto na construción nova como na rehabilitación de edificios.

A cuberta plana ten unha pendente casi inexistente, esto fai que o espazo interior da vivenda sexa máis amplio. Nestes casos aumenta o confort térmico do fogar e non se producen condensacións na vivenda.

A cuberta inclinada está formada por faldóns cunha inclinación superior ao 10%. Ten unha capa de protección e está composto por pezas impermeables sobre unha base que se superpoñen entre si.

Na carpintería exterior tamén temos unha gran varieades de materiais nos acabados, tales como o aluminio, a madeira ou o PVC, que é o máis empregado. É importante escoller un perfil cunha boa rotura de ponte térmica, acompañado de cristais de baixa emisión e cámara de gas radón de cara a conseguir un aforro enerxético considerable.

A cimentación é a base da casa onde irá suxeita a estructura. Un dos sistemas máis eficaces que utilizamos é a soleira ventilada. Está formada principalmente por unha banda perimetral de formigón e un enconfrado formado por pezas ocas de polipropileno en forma de iglú e levantadas desde o chan, colocadas sobre unha capa de formigón, permitindo así un bo illamento e evitando a humidade e a contaminación por gas radón que emana da terra.