Construción e Rehabilitación Abeiro
Rehabilitación
Abeiro é especialista na Rehabilitación de vivendas e edificios en Galicia. O noso interese por esta actividade nace da nosa convicción sobre a importancia da conservación do noso patrimonio. A nosa actividade como empresa construtora en Santiago de Compostela céntrase tanto na conservación e recuperación de inmobles e edificios históricos, como de localizacións singulares en desuso e cun alto interese cultural.
A recuperación de inmobles é hoxe en día unha das áreas máis importantes da construción dado que contribúe a xerar un menor impacto climático comparado coa construción de obra nova. Os avances producidos no sector da construción en canto a aspectos técnicas, materiais a utilizar e o desenvolvemento e especialización de profesionais dedicados a esta área contribuíron a que a rehabilitación sexa unha das actividades principais dentro do sector.
A construtora Abeiro achega as solucións construtivas máis avanzadas e adecuadas para cada tipo de rehabilitación, fomentando ao mesmo tempo a conservación de oficios tradicionais como a forxa, cantería ou a carpintería. Conscientes ademáis da necesidade de transformar aos edificios existentes en construcións que sexan eficientes enerxéticamente, Abeiro aposta por unha rehabilitación na que se poña o foco en reducir a demanda enerxética para conseguir inmobles máis sostibles.
Unha porcentaxe moi alta do parque inmobiliario existente no noso país consome enerxía de maneira ineficiente, facendo necesaria as actuacións con illantes térmicos. Un dos obxectivos globais dentro da Unión Europea é a progresiva redución de consumo de enerxía de fontes contaminantes para garantir un futuro máis sostible para todos.
Abeiro considera que as rehabilitacións de vivendas e edificios son necesarias para mellorar a seguridade e salubridade dun inmoble, ademáis dunha inmellorable oportunidade para unha intervención integral incluíndo nelas criterios de eficiencia enerxética.
Rehabilitación de inmobles catalogados: a rehabilitación de inmobles privados catalogados pertencentes ao patrimonio histórico, contribúe a preservar a calidade construtiva e o valor estético e histórico do patrimonio, dignificando os inmobles e a cidade.
Estes inmobles presentan unha gran cantidade de elementos únicos que hai que tratar con moito coidado para reparar a súa deterioración e restaurar o seu estado orixinal con técnicas e materiais tradicionais compatibles coa súa esencia arquitectónica.
O traballo inicial de rehabilitación parte dun estudo pormenorizado do inmoble tanto dende o punto de vista construtivo como histórico para coñecer a súa evolución no tempo. Esta información é fundamental para realizar unha intervención responsable.