Sabías que hai unha gran cantidade de pequenas accións que nos axudan a incrementar o aforro en electricidade da nosa vivenda?
Este é un aspecto que cada vez máis xente ten presente no seu día a día. Xa sexa por unha razón de compromiso ambiental ou por un intento de reducir os gastos persoais, o aforro enerxético é un obxectivo cada vez máis común na poboación. Pero, como se pode lograr?
Unha temperatura estable no fogar que oscile entre os 20 e 23 grados durante o día, e entre os 15 e 17 durante a noite suporá un gran aforro en electricidade.
Apostar por un termostato programable axudará a lograr resultados notables. Este elemento eficaz e sinxelo de utilizar, encárgase de encender ou apagar o sistema de calefacción para regular a temperatura de forma automática.
É necesario aproveitar unha fonte de iluminación inesgotable como é o sol. Para reducir o consumo e, por tanto, aumentar o aforro en electricidade, débense orientar aquelas actividades e elementos que requiran iluminación cara ás xanelas. Desta forma, non se requirirá iluminación artificial para desempeñar tarefas de lecer e traballo dentro do fogar.
No caso de que o fogar careza de iluminación natural, é posible optar por unha reforma que permita ter unha maior luminosidade.
A elección das xanelas é complexa, pois contempla distintos aspectos como o marco ou o tipo de cristal. Optar por cristais ATR (illamento térmico reforzado) axudará, de forma sostible, a aumentar a iluminación así como a manter a temperatura do interior. Débese ter en conta tamén, o tamaño das xanelas. O obxectivo é que entre a suficiente cantidade de luz natural sen acabar coa privacidade dos inquilinos nin alterar a temperatura do interior.
Un bo illante no fogar ofrece sostenibilidade e aforro enerxético, reducindo o consumo entre un 50% e un 65%. Para aumentar o illamento do fogar e reducir así o consumo de aire acondicionado e/ou calefacción, interpóñense materiais na estructura que conduzan mal o calor e o frío.
Para que o fogar, ademais de ofrecer un aforro enerxético, sea sostible, a mellor opción son os illantes fabricados con materiais naturais e sostibles. Sabes cales son os máis destacados?
As bombillas de aforro de enerxía son unha alternativa ás tradicionais que só converten en luz unicamente o 15% da electricidade que consomen. No caso das de baixo consumo, permiten economizar entre un 60% e un 80% a enerxía eléctrica.
O aforro en electricidade axuda á redución de emisións de CO2, unha das principais causas do cambio climático.
As LED son fontes de luz formadas por un material semiconductor con dous terminais. Esta composición convértea na máis sostible e económica do mercado. Este tipo de iluminación pode supoñer ata un aforro en electricidade do 90% pois un consumo destas de 7W ilumina o mesmo que 60W dunha lámpada incandescente.
Por último, pero non por iso menos importante, é necesario prestar atención aos electrodomésticos do fogar. Débese prestar atención ás etiquetas de eficiencia enerxética á hora de escoller os electrodomésticos. Nun primer momento poden parecer máis caros pero afórrase unha maior cantidade de luz a longo prazo, o que supón un coste total moito menor.
Ademais, débese facer un bo uso destes para incrementar o aforro en electricidade. Accións sinxelas como cargar ao máximo a lavadora, utilizar as placas de indución, regular a temperatura do frigorífico ou, incluso, tapar as ollas para optimizar o calor son tareas que optimizan o aforro enerxético do fogar.
As vivendas diseñadas baixo a idea do Passivhaus teñen por obxectivo o aforro enerxético e, para iso, utilizan os principios de arquitectura bioclimática. O seu diseño consigue manter un clima interior confortable reducindo os costes que tería unha regulación artificial.
Para conseguir a maior eficiencia da forma más sostible, as casas pasivas básanse nos principios de illamento, hermeticidade, puontes térmicos, ventilación, xanelas e portas.
En definitiva, o aforro en electricidade no fogar pódese conseguir con pequenos cambios que non teñen porque supoñer un gran coste. Se lle sumamos unha modificación total para conseguir unha vivienda sostible, conseguiremos un gran aforro a longo prazo, así como aportar a unha vida moito máis sostible.
c/ San Roque 33, Bajo
Santiago de Compostela
© Abeiro