Adaptarse a novas necesidades familiares, buscar novas ubicacións, conseguir máis luz natural ou, simplemente, a necesidade dun cambio poden ser algunhas das razóns para facer reformas interiores no teu fogar.
Polo xeral, o que se busca cunha modificación do interior é aproveitar ao máximo o espazo do que dispón a nosa vivenda. Son moitas as edificacións que dispoñen de rincóns mortos que poden ter un bo uso coa reforma indicada para habilitalos. Pero, que reformas se poden facer para optimizar o espazo?
O primeiro paso que se debe levar a cabo cando se decide facer reformas interiores, xa sexan parciais ou completas, é conseguir os planos da vivenda. Desta forma o proceso será moito máis sinxelo e seguro. Se non se trata dun edificio extremadamente antigo, é posible atopalos no Concello ou no Colexio de Arquitectos de cada rexión.
Unha vez conseguidos os planos, o equipo experto poderá detectar que espazos se poden liberar ou cales son os muros de carga. En conclusión, que parte da estructura pódese modificar para aumentar ao máximo o espazo da vivenda.
Non obstante, cos planos ou sen eles, os arquitectos, antes de comenzar coas reformas interiores, examinarán a edificación en profundidade para estudar ls posibilidades da vivenda.
Para gañar espazo, é común unificar dous ou máis habitacións. Isto consíguese tirando abaixo os muros que non sexan de carga. Trátase dunha forma moi común de unir, sobre todo, o salón coa cociña.
Acabar cos muros de separación, ademais de ofrecer un pouco de espazo, axuda a aumentar a entrada de luz na cociña e conseguir unha sensación de amplitude na vivenda. Ademais, instalar unha zona de cocina, unha illa, cunha pía e armarios, ampliará o almacenaxe do fogar e dará sensación dun espazo máis grande.
En caso de non querer eliminar os tabiques na súa totalidade, podemos convertilos en móbiles. Unha bo solución que non require de reformas interiores complexas son as portas corredoiras.
Este tipo de puertas permiten abrir e pechar espazos de forma sinxela e silenciosa. O seu desplazamento horizontal pegado á parede permite gañar espazo de forma sinxela. Aproximadamente, estamos aumentando un metro e medio que ocupa a apertura dunha porta convencional. Ademáis, estas portas teñen opcións sostibles, pois é posible fabricalas en madeira 100% reciclada sen intervir en ningún momento na súa funcionalidade.
Hai vivendas que non dispoñen de tantos metros cadrados como necesitamos para as nosas reformas interiores. Sen embargo, é posible que presenten gran altura. Se a vivenda dispón de teitos o suficientemente altos, algo común nas edificacións antigas, pódense aproveitar para construír unha segunda altura. Para o seu acceso, colócase unha escaleira pegada á parede que non ocupe espazo ou unha en caracol recollida.
Esta modificación é idónea para as vivendas con pouco espazo e poucas habitacións, como é o caso dos estudos. Nestes casos, utilízase a planta superior para dar lugar a un dormitorio e conseguir así certa intimidade.
Polo xeral, as grandes vivendas de máis dun piso teñen un oco desaproveitado: o ubicado debaixo das escaleiras. Este espazo é perfecto para construir nel, por exemplo, un zapateiro. Desta forma, dáselle utilidade á zona, e despéxanse os lugares de paso como poden ser a entrada ou os corredores.
Por outra banda, nesta zona de entrada, tamén disponse dun espazo que se pode aproveitar. Se os teitos son altos, pódese habilitar o espazo sobre o marco da porta construíndo altillos de obra.
O baño e a cociña son as dúas estancias que máis espazo permiten gañar nas reformas interiores. Para conseguilo, é necesario deseñar de forma correcta os armarios, mesado e almacenaxe en xeral. É posible diseñalos a medida en ambos lugares que permitan gardar todolos obxectos de uso diario como os alimentos, os productos de limpeza ou a hixiene.
Por outra banda, pódese aproveitar os corredores e os lugares de paso en xeral para ampliar a capacidade de almacenaxe do fogar mediante armarios empotrados. Para conseguir un resultado óptimo, é necesario seleccionar a súa ubicación antes de comezar coas reformas interiores, sobre o plano.
Este tipo de armarios adoita ser máis amplo que os convencionais e, a súa vez, ocupan moito menos espazo. Ademais, están diseñados para aproveitar ao máximo o espazo, a ausencia de ocos facilitan a labor de limpeza, son moito máis versátiles y, estéticamente, son máis elegantes que as outras clases de armarios.
En definitiva, unha reforma interior, tanto parcial como completa, é unha gran solución para optimizar o espazo dunha vivenda independientemente do seu tamaño. Ademais, grazas ás modificacións é posible conseguir un fogar máis persoal e adaptado ás necesidades de cada persoa.
c/ San Roque 33, Bajo
Santiago de Compostela
© Abeiro