Construción e Rehabilitación Abeiro
![](https://abeiroderehabilitacion.com/wp-content/uploads/2020/04/icon1.jpg)
Construción
A construción constitúe o eixo central da actividade de Abeiro e é a que nos permitiu diversificar as nosas liñas de negocio actuais como empresa construtora en Galicia. Sempre baixo estándares de máxima calidade, damos solucións a fachadas, cubertas, reformas varias e obra nova. Contamos cun equipo de carpinteiros, canteiros e técnicos cun alto nivel de experiencia e dedicación, preparados para acometer calquera tipo de proxecto con eficacia.
Reformas: sentímonos cómodos nas obras de reforma de vivendas e pisos en Santiago de Compostela e Galicia, de locais comerciais, oficinas e comunidades de veciños. Deseñamos proxectos personalizados en función do tipo de propiedade e uso que se lle vaia a dar á mesma.
Obra nova: Abeiro axúdache a deseñar e construír a túa vivenda unifamiliar. Durante o proceso de execución da túa vivenda axilizamos os tempos de obra e entregámola cumprindo os prazos de entrega pactados previamente.
Coa entrada en vigor do Real Decreto do ITE (Inspección Técnica de Edificios), a propiedade está obrigada a contratar un técnico para certificar a solidez do edificio ante a Administración Pública se éste ten máis de 40 anos de antigüidade. É importante por tanto revisar o estado de fachadas, cubertas e instalacións.
Abeiro, como empresa construtora en Santiago de Compostela, conta con ampla experiencia na execución de traballos de mantemento e conservación de elementos estruturais dos edificios. Por iso, garante:
- Durabilidade e seguridade do edificio.
- Redución do consumo de enerxía.
- Evita a perda de valor do edificio.
- Evita que os defectos de mantemento e conservación xeren rehabilitacións máis caras.
- Mellora o benestar.
Reparacións de fachadas: co paso do tempo as agresións humanas e atmosféricas deterioran os edificios, xerando riscos de desprendemento na vía pública e empeorando as condicións de habitabilidade. Sen medidas preventivas as lesións producidas nas fachadas pódense converter en patoloxías graves, riscos e custos innecesarios.
Cubertas: son un dos elementos máis castigados do edificio ao estar exposto continuamente ás condicións atmosféricas, e por tanto, un dos que require maior mantemento. A impermeabilización é fundamental para conservar o bo estado dos edificios, garante a estanqueidad e protección do edificio.
Instalacións: o bo estado das instalacións dun edificio é básico para a súa boa conservación. A construtora Abeiro realiza traballos de reparación de tubaxes fecais e/ou pluviais, cambios de baixantes, protección de sistemas de evacuación de fumes, así como actualización de instalacións de gas, luz e auga.
![](https://abeiroderehabilitacion.com/wp-content/uploads/2020/04/icon2.jpg)
Rehabilitación
Abeiro é especialista na Rehabilitación de vivendas e edificios en Galicia. O noso interese por esta actividade nace da nosa convicción sobre a importancia da conservación do noso patrimonio. A nosa actividade como empresa construtora en Santiago de Compostela céntrase tanto na conservación e recuperación de inmobles e edificios históricos, como de localizacións singulares en desuso e cun alto interese cultural.
A recuperación de inmobles é hoxe en día unha das áreas máis importantes da construción dado que contribúe a xerar un menor impacto climático comparado coa construción de obra nova. Os avances producidos no sector da construción en canto a aspectos técnicas, materiais a utilizar e o desenvolvemento e especialización de profesionais dedicados a esta área contribuíron a que a rehabilitación sexa unha das actividades principais dentro do sector.
A construtora Abeiro achega as solucións construtivas máis avanzadas e adecuadas para cada tipo de rehabilitación, fomentando ao mesmo tempo a conservación de oficios tradicionais como a forxa, cantería ou a carpintería. Conscientes ademáis da necesidade de transformar aos edificios existentes en construcións que sexan eficientes enerxéticamente, Abeiro aposta por unha rehabilitación na que se poña o foco en reducir a demanda enerxética para conseguir inmobles máis sostibles.
Unha porcentaxe moi alta do parque inmobiliario existente no noso país consome enerxía de maneira ineficiente, facendo necesaria as actuacións con illantes térmicos. Un dos obxectivos globais dentro da Unión Europea é a progresiva redución de consumo de enerxía de fontes contaminantes para garantir un futuro máis sostible para todos.
Abeiro considera que as rehabilitacións de vivendas e edificios son necesarias para mellorar a seguridade e salubridade dun inmoble, ademáis dunha inmellorable oportunidade para unha intervención integral incluíndo nelas criterios de eficiencia enerxética.
Rehabilitación de inmobles catalogados: a rehabilitación de inmobles privados catalogados pertencentes ao patrimonio histórico, contribúe a preservar a calidade construtiva e o valor estético e histórico do patrimonio, dignificando os inmobles e a cidade.
Estes inmobles presentan unha gran cantidade de elementos únicos que hai que tratar con moito coidado para reparar a súa deterioración e restaurar o seu estado orixinal con técnicas e materiais tradicionais compatibles coa súa esencia arquitectónica.
O traballo inicial de rehabilitación parte dun estudo pormenorizado do inmoble tanto dende o punto de vista construtivo como histórico para coñecer a súa evolución no tempo. Esta información é fundamental para realizar unha intervención responsable.
![](https://abeiroderehabilitacion.com/wp-content/uploads/2020/04/icon3.jpg)
Passivhaus
Segundo a directriz europea 2010/31/UE, a construción de edificios de consumo case nulo, tamén chamados NZEB ( nearly zero energy building), serán obrigatorios a partir do ano 2020. Esta directriz responde á necesidade de construír de maneira sostible para xerar un menor impacto no medio ambiente. A construción evoluciona cara a unha menor utilización de recursos enerxéticos e cara á sustentabilidade.
A efectos de medir as características coa que estes edificios están a construírse, existen unha serie de certificados que serven para acreditar estas características construtivas, tales como Breeam, Lede, Well ou Passivhaus.
¿En que consiste o estándar Passivhaus?
O estándar Passivhaus consiste en reducir ao máximo o consumo enerxético dunha vivenda utilizando os principios da arquitectura bioclimática, e obtendo a través de enerxías renovables cando sexa posible a pouca enerxía necesaria para quentar e refrixerar unha vivenda, aínda que en caso de optimización máxima poderíase chegar a construír unha vivenda cunha demanda de enerxía nula.
A construción pasiva ou Passivhaus baséase nuns criterios de deseño que permiten o aproveitamento da enerxía e a luz natural durante o inverno e a minimización da incidencia solar durante o verán.
¿Cales son os principios básicos da construción pasiva ou Passivhaus?
Illamento térmico: chans, paredes e cuberta, a envolvente da vivenda, deben de estar correctamente illados para evitar a perda enerxética no inverno e a ganancia enerxética no verán. En Abeiro sabemos que é moi importante a calidade do illamento a empregar para conseguir un correcto illamento da vivenda.
Hermeticidade: as xuntas da vivenda deben estar perfectamente executadas para evitar as filtracións de aire tanto cara ao interior como ao exterior da vivenda, favorecendo así a ausencia de perdas ou ganancias de enerxía.
Xanelas e portas: son os puntos críticos da envolvente da vivenda e hai que seleccionar convenientemente por tanto os materiais cos que se constrúen, e coidar ao mesmo tempo a execución da súa instalación para asegurar que teñan unha alta prestación térmica.
Pontes térmicas: hai que prestar moita atención ás xuntas e aos elementos estruturais para asegurar a continuidade da envolvente térmica e así eliminar as pontes térmicas, as cales prexudican a eficiencia enerxética dos elementos construtivos e aumentan o risco de condensacións.
Ventilación: é clave dotar á vivenda dun sistema de ventilación de dobre fluxo con recuperador de calor que garanta a correcta ventilación e mellore a eficiencia enerxética e a calidade do aire interior. O recuperador de calor intercambia o aire limpo que entra do exterior co aire que se extrae do interior, recuperando un 95% da calor expulsada. O aire que entra na vivenda faino a unha temperatura moi parecida á temperatura interior.
¿Cáles son os beneficios da construción pasiva ou Passivhaus?
A construción pasiva achega os seguintes beneficios:
Económicos: a construción da vivenda pasiva xera unha menor demanda de enerxía polo que se produce un claro aforro económico. Este tipo de vivendas tenderá a manter un valor de mercado maior a outras que non sexan sostibles nin sexan eficientes na utilización de enerxía.
Ambientais: a menor utilización de recursos enerxéticos ten un impacto directo co medioambiente dado que se emiten menos gases contaminantes á atmosfera.
De Saúde: mellórase a calidade do aire que se respira dentro dunha vivenda así como que se crea un confort térmico e acústico moito maior que nunha vivenda tradicional.
Passivhaus foi desenvolto en Alemaña a finais dos anos 80, construíndose a primeira vivenda pasiva en 1990 e finalmente creándose o Passivhaus Institute en 1996.
O equipo de Abeiro conta coa preparación e certificación necesaria para construír vivendas pasivas ou Passivhaus e vivendas de baixo consumo enerxético cun deseño único e personalizado en Galicia. Utilizamos os métodos de construción e materiais adecuados para garantir nas nosas vivendas o illamento, aforro de electricidade, consumo case nulo de calefacción, iluminación natural e circulación de aire necesarias para cumprir cos estándares deste tipo de construción.
Constrúe mellor, vive mellor.