A madeira, o material de construción máis ecolóxico

Logo Madera_Publicación 4
Descrición:

A madeira, o material de construción máis ecolóxico

 

A madeira é o material de construción máis ecolóxico, as súas cualidades son as seguintes:

 

- É renovable: o seu consumo racional permite que o monte se rexenere con novos exemplares que ocupan o espazo dos anteriores. A extracción doutros materiais ou minerais provoca a destrución do ecosistema e o seu esgotamento.

- É ecolóxico: as árbores favorecen a xeración de fauna e vida e polo tanto a creación de ecosistemas. Durante o seu crecemento fixan o CO2, unha das principais causas do efecto invernadoiro.

- É reciclable: unha vez transformado nun produto, pódese reutilizar. As virutas, lascas ou aserrín son unha nova materia prima que se utiliza para elaborar outros produtos.

- Non é tóxico: é un produto natural, cuxa visión e tacto transmiten agradables sensacións de calor e calidade.

- É biodegradable: non produce contaminación na súa degradación. A súa descomposición axuda a crear un solo de mellor calidade para que crezan novas plantas.

 

A avaliación do ciclo de vida da madeira permite comparar o impacto ambiental dos produtos empregados na construción, desde a súa extracción, fabricación e utilización, ata a súa eliminación. Considerando todos os aspectos do ciclo de vida da madeira, o rendemento ambiental da madeira é superior ao doutros materiais.