Rehabilitación de piso en zona histórica

Situación: Santiago de Compostela
Propiedade: Privado
Ano: 2020
Definición:

Rehabilitación de piso en zona histórica

Reforma integral dun piso no centro histórico da cidade de Santiago de Compostela. A actuación requiriu o baleirado total da vivenda dado o seu mal estado de conservación. Non obstante, as vigas e pontóns orixinais da vivenda conserváronse cun tratamento especial aplicado durante o proceso de rehabilitación. A estrutura do pontón quedou á vista, dándolle ao apartamento un toque antigo moi especial. Ademais, combinar este acabado nos pontóns, co deseño moderno e os acabados que se empregaron na casa, déronlle moita personalidade.

Durante o proceso de rehabilitación tivo que modificarse a execución do solo con respecto ao proxecto inicial, debido ás dificultades que atopamos á hora de executar as canalizacións de augas residuais. Isto provocou executar un replanteo en obra que se resolveu con solvencia. A execución deste tipo de rehabilitación integral, en casos históricos nos que o estado de conservación é precario, esixe que se teñan que atender imprevistos durante o proceso construtivo, como ocorreu neste caso.

A xestión coa propiedade do inmoble, residente en Suíza, foi unha gran experiencia, xa que esta rehabilitación é unha segunda residencia e requeríu unha perfecta comunicación do estado da evolución das obras.