Reforma para uso turístico

Situación: Santiago de Compostela
Propiedade: Privado
Ano: 2019
Definición:

Reforma para uso turístico

Reforma integral de vivenda de uso turístico en Santiago de Compostela. Nesta reforma integral dun piso de cuarta planta levouse a cabo un cambio radical na distribución das estancias. Os deseños de pisos nos que se desperdicia espazo son habituais, e requiren un lavado de cara completo para poder disfrutalos convenientemente. As reformas integrais permiten transformar espazos desperdiciados en espazos útiles e diáfanos. O noso reto é poder propoñer espazos nos que gaña a habitabilidade. O parque inmobiliario está cheo destes exemplos de pisos desaproveitados pola súa distribución, pero con grandes oportunidades, como é o caso desta reforma integral.

O piso estaba dividido nun amplo comedor con vistas a unha das rúas máis céntricas e transitadas de Santiago de Compostela, ademais de contar con dous dormitorios, un deles con baño incluído, así como outro baño con acceso común.

O deseño interior empregado na casa é de estilo moderno con amplos espazos, o que proporciona ao apartamento unha personalidade moi marcada.