A obra executada tivo por obxecto a renovación e acondicionamento integral da cuberta do edificio de vivendas situado no barrio de Fontiñas, en Santiago de Compostela. A intervención centrouse na substitución do material de cubrición existente por unha nova solución de tella cerámica, resolvendo ao mesmo tempo os puntos débiles detectados en canalóns, encontros con paramentos verticais, remates de chemineas e elementos singulares da cuberta.
O resultado é unha cuberta completamente renovada, cunha colocación regular e precisa da tella, unha imaxe homoxénea en todos os faldóns e unha execución coidada dos encontros construtivos. Os remates en chemineas e elementos emerxentes resolvéronse con especial atención, garantindo continuidade, protección e durabilidade nas zonas máis expostas. A actuación permite mellorar a estanqueidade e conservación do edificio, reducir as necesidades de mantemento futuro e prolongar a vida útil da cuberta, sen modificar a volumetría nin o uso do inmoble.
O acabado final mantén a identidade material da edificación, achegando unha imaxe limpa, ordenada e técnicamente solvente.
c/ San Roque 33, Bajo
Santiago de Compostela
© Abeiro