Local comercial Orfas
O local comercial sitúase no recinto intramuros de Santiago de Compostela, con acceso dende a concorrida praza de Galicia de Santiago. O local está formado por unha planta baixa e un soto.
O deseño do local comercial, propón manter a distribución tradicional existente do inmoble, que consiste nun paso interior dende a entrada principal, que dá acceso ás vivendas dos pisos superiores mediante unha escaleira.
O estado de conservación do inmoble dende o punto de vista estrutural é bo, polo que se mantén a estrutura de vigas e pontóns de madeira. A proposta de deseño permite, polo tanto, visualizar estes elementos estruturais que formaron parte do estado orixinal do inmoble.
Dada a superficie do local, proxectáronse amplos espazos cunha zona de almacenaxe no soto para dar servizo.
c/ San Roque 33, Bajo
Santiago de Compostela
© Abeiro