Construción vivenda unifamiliar
Construción dunha vivenda unifamiliar formada por soto, dúas plantas e baixo cuberta en medio do rural próximo a Santiago de Compostela. O deseño destaca pola amplitude das estancias e pola axeitada orientación da vivenda, que proporciona un aforro enerxético moi considerable ao aproveitar ao máximo a luz solar natural.
O deseño da casa conecta coa paisaxe rural. O seu estilo é clásico e intégrase perfectamente no entorno no que se decidiu construír. Cabe destacar un espazo moi amplo para o salón, cuxa orientación está pensada para pasar os últimos momentos da tarde aproveitando a luz solar que cae incide directamente nese momento. A instalación da lareira de pellets no salón é o detalle que dota a esta estancia do aire de calidez que identifica a casa.
O soto ten un amplo garaxe onde tamén hai un espazo dispoñible para almacenamento. No baixo cuberta deseñouse un amplo estudio separado do resto de estancias que lle confiren tranquilidade e privacidade para o seu uso. A elección dos materiais vai acorde ao deseño e localización escollidos para esta vivenda unifamiliar que destaca pola súa sobriedade e pola súa conexión coa paisaxe circundante.
c/ San Roque 33, Bajo
Santiago de Compostela
© Abeiro