Subvencións Passivhaus/Next Generation

Next Generation EU
Descrición:

Subvencións Passivhaus/Next Generation

A Plataforma de Edificios Passivhaus, PEP, impartiu recentemente diferentes xornadas de difusión da axuda europea Next Generation. Ademáis, aproveitou para difundir a norma Passivhaus, así como a súa aplicación na rehabilitación de edificios.

Na nosa comunidade galega, e máis concretamente na cidade da Coruña, tivemos a oportunidade de asistir a unha destas xornadas o 26 de outubro. Nela informouse aos interesados ​​dos requisitos para acceder a estas axudas europeas e coñecer polo miúdo a norma na súa localidade ou comarca, unha norma edificatoria capaz de aforrar ata o 75% das necesidades de calefacción e refrixeración.

No contexto da actual crise enerxética, todos somos conscientes da importancia de ser máis eficientes enerxéticamente e contaminar menos. Enerphit é unha ferramenta estudada e planificada para garantir que as edificacións rehabilitadas con esta metodoloxía sexan o máis eficientes posible, evitando patoloxías en intervencións parciais ou puntuais e garantindo que o investimento para iso sexa óptimo. O noso equipo de técnicos en Abeiro axudarache a deseñar o teu proxecto e encargarase de redactalo e presentalo nos concellos.