Deseñar para aforrar

Sello casa pasiva
Descrición:

Deseñar para aforrar

 

A construción con estándares Passivhaus e madeira é a combinación perfecta para lograr unha maior sustentabilidade e un aforro enerxético moi alto.

A tendencia na construción é ir hacia edificios cun consumo enerxético case nulo. En Abeiro temos moi clara esta tendencia e asumimos cada novo proxecto que deseñamos e executamos de forma moi responsable, dado que contribúe a crear unha sociedade e un entorno máis responsables.

Todo comeza co deseño dun proxecto no que se reflictan as ideas do que será a futura casa ou edificio. Nese deseño deberán establecerse as bases de eficiencia enerxética que terá a súa nova vivenda ou edificio. Paralelamente ao deseño, considéranse os elementos construtivos. Gústanos empregar a madeira porque, ademais de presentar unhas características inmellorables para dotar dunha excelente estrutura ao teu fogar, contribúe a mellorar a calidade de vida no interior, ademais de ser un material sostible. As estruturas de madeira CLT ou de madeira laminada cruzada xa se utilizan nos edificios de gran altura, non só nas unifamiliares.

Finalmente, a execución é a parte que culmina a parte de deseño. Abeiro executa con responsabilidade e eficiencia cada un dos proxectos nos que está implicado.

Constrúe con madeira e constrúe con eficiencia enerxética.