Reforma de vivenda

Situación: Santiago de Compostela
Propiedade: Privado
Ano: 2019
Definición:

Reforma de vivenda

Reforma integral dunha terceira planta onde se realizou a redistribución das estancias para xerar espazos diáfanos. O piso está situado nas inmediacións do parque de Belvís e cunhas impresionantes vistas á Cidade da Cultura, que iluminan pola noite o espazo do salón.

O piso ten un dormitorio e un baño na planta superior e unha sala de estar, un espazo para traballar e un baño na planta baixa. Este apartamento deseñado nun estilo moderno encaixa moi ben coa personalidade da propietaria, que é unha deseñadora e quería un espazo co que se puidese identificar creativamente.

Colocáronse pavimentos de madeira en todas as estancias, a excepción dos cuartos húmidos, onde se optou por un gres claro. Tamén se renovou a carpintería interior, así como todas as instalacións de electricidade, calefacción, saneamento e fontanería.

O uso coidadoso da madeira dálle ao apartamento unha identidade moi forte que o distingue doutros apartamentos do seu estilo.