Reforma de vivenda en zona histórica

Situación: Santiago de Compostela
Propiedade: Privada
Ano: 2023
Definición:

Reforma de vivenda en zona histórica

Reforma de vivenda na zona histórica situada na Rúa Orfas, unha das principais rúas da zona vella de Santiago de Compostela e que serve de enlace coa zona nova da cidade.

A vivenda, formada por planta baixa, primeira, segunda, terceira e baixo cuberta, presentaba un estado de deterioro nas estancias pero non na súa estrutura, polo que a propiedade plantexou unha actuación de conservación e reforma.

A escaleira foi restaurada, actuando sobre a varanda e sobre os chanzos, onde se conservou a madeira cun tratamento especial de pulido e pintura.

Deseñouse unha nova cociña totalmente funcional xunto con novos baños nun espazo limitado. Procedemos a reformar un aseo nun espazo moi reducido situado nunha entreplanta, que antigamente daría servizo aos hóspedes da casa, xa que pensamos que a casa de principios de século era unha pensión.

O resultado final da actuación foi a conservación e reforma dos espazos existentes da vivenda, dotándoa dunha nova cociña e baños.