Reforma de piso en Escultor Asorey

Situación: Santiago de Compostela
Propiedade: Privada
Ano: 2023
Definición:

Reforma de piso en Escultor Asorey

 

O piso está situado nas inmediacións de intramuros de Santiago de Compostela, moi preto do parque de San Domingos de Bonaval.

O deseño do novo espazo propón o uso da luz natural cunha ampla superficie de salón, comedor e cociña, situando tamén as dúas estancias propostas no deseño nas zonas de fiestras do inmoble.

A execución da obra consistirá na demolición total do estado actual e o posterior levantamento da nova estrutura proposta.