Reforma de local comercial

Situación: Santiago de Compostela
Propiedade: Privada
Ano: 2021
Definición:

Reforma de local comercial

Reforma integral dun local comercial situado nunha das rúas máis comerciais da capital galega. Este local é a nosa actual sede de Abeiro de Rehabilitación, S.L, centro de operacións da construtora.

O local divídese en tres estancias: vestíbulo e mesa de traballo, cociña e lugar de descanso, e unha sala de reunións. A mesa grande que ocupa a primeira sala é unha zona de traballo compartida onde se promove o traballo en equipo. Esta sala utiliza un pavimento que tamén se utilizou para deseñar a mesa. Unha estrutura de madeira cobre tanto as paredes como o teito, dándolle o aspecto de cápsula e delimitando esta zona de traballo. A seguinte estancia é unha zona de descanso cun pequeno office onde se conservaba unha antiga cociña de pedra do edificio. Tanto a pedra da cociña como das paredes desta zona foi tratada por canteiros para protexela do deterioro do paso do tempo. O chan é unha tarima de madeira de cor clara para buscar un contraste coa zona de traballo. Por último, a sala de reunións é unha zona diáfana onde a mesa de cristal crea unha sala cómoda para celebrar calquera tipo de reunión. A tarima é de madeira co mesmo ton claro que o cuarto anterior.

A luz natural é a protagonista neste lugar porque tanto a porta de acceso ao despacho como a fiestra situada na sala de reunións están convenientemente orientadas para aproveitar a luz que entra. Fíxose especial fincapé na construción á hora de illar o local, supoñendo un importante aforro enerxético ao longo do ano.