Reforma de local comercial na zona vella

Situación: Santiago de Compostela
Propiedade: Privada
Ano: 2023
Definición:

 

Reforma de local comercial na zona vella

 

Reforma integral dun local comercial situado na Rúa Preguntoiro, unha das arterias principais da zona vella de Santiago de Compostela. O local empregarase como bar.

O local dispón de cociña, barra de atención ao cliente, baño adaptado para minusválidos, ampla zona de despensa e zona de lecer para os clientes. En primeiro lugar, avaliouse a correcta distribución dos espazos para conseguir unha distribución que optimizara o fluxo de clientes. Despois centrámonos no deseño e decoración, tendo en conta a temática e a imaxe de marca que o propietario quería transmitir ao mercado. Todo isto incluíu a elección de materiais, mobles, iluminación e elementos decorativos. O obxectivo era crear un ambiente acolledor e atractivo para os clientes.

Renováronse solos e paredes e instalouse unha ampla cociña dentro das limitacións de espazo do local, incluíndo a instalación dun sistema óptimo de illamento acústico e as medidas de seguridade necesarias.

O resultado foi a optimización do espazo existente nun entorno atractivo para os clientes, aportando a imaxe de marca que o propietario quería transmitir.