Entremuros

Situación: Santiago de Compostela
Propiedade: Privada
Ano: 2018
Definición:

Entremuros 

Inmoble situado na muralla medieval do centro histórico da cidade de Santiago de Compostela e xunto á Porta do Camiño, porta de entrada do Camiño Francés. No proceso de rehabilitación do inmoble integrouse ao mesmo parte da muralla, a cal data do século XI, contribuíndo así á conservación desta parte do patrimonio da cidade. Inmoble adquirido para a súa rehabilitación integral en 2011.

A propiedade está formada por un baixo comercial e tres vivendas. O terceiro andar é un amplo dúplex que foi construído aproveitando o baixo cuberta. A xestión da calefacción e da auga quente sanitaria realízase mediante un sistema de aerotermia e solo radiante que alimenta tanto a planta baixa comercial como as tres vivendas, contribuíndo a un aforro enerxético plausible en todo o inmoble. A estrutura e os acabados en madeira das estancias son unha das características do inmoble, que tamén conseguiu incorporar un interiorismo moderno e un aforro enerxético nas instalacións nun enclave como é a zona vella de Santiago de Compostela.