Abeiro é unha empresa construtora situada en Santiago de Compostela e especializada na construción, rehabilitación e reforma de vivendas na comunidade de Galicia. Ofrecemos servizos de construción de obra nova, reformas e interiorismo de locais e vivendas, rehabilitación de edificios e edificios históricos, reparacións e conservación de elementos estruturais de inmobles, e construción e deseño de casas pasivas ou Passivhaus en Galicia e Santiago de Compostela.
Abeiro coida ao máximo a execución das obras e a calidade dos materiais empregados, contando con profesionais altamente cualificados para a execución dos proxectos de construción, rehabilitación e interiorismo, dado que o noso obxectivo é obter o maior grao de satisfacción dos nosos clientes.
Poñemos á disposición dos nosos clientes a experiencia e versatilidade da nosa empresa de construción e rehabilitación, consolidada no mercado galego coa execución de proxectos de distinta índole e tamaño de maneira eficaz.
En Abeiro promovemos a formación continua dos nosos empregados e de igualdade de oportunidades, xerando unha contorna de traballo respectuoso.
“ ao noso abeiro”