Pandemia e Passivhaus
A pandemia puxo de manifesto o deficiente que son moitas das casas que se construíron durante décadas. Moitas persoas pasaron os meses de confinamento en casas con problemas de enerxía, ventilación e filtración e de mala calidade do aire interior.
Non obstante, as casas pódense construír moito mellor. Pasaron xa tres décadas desde que Wolfgang Feist, un físico alemán, construíu a primeira casa pasiva do mundo en 1991, en Alemaña.
Feist decatouse de que máis dun terzo do consumo de enerxía procedía da calefacción. Por iso estudou a distribución da calor, fiestras, tellados e sistemas de ventilación. A súa casa conseguiu consumir un 85% menos de enerxía que unha tradicional. As casas pasivas presentan un alto grao de illamento da envolvente sen pontes térmicas e unha boa estanqueidade do aire exterior que consegue garantir a mínima demanda enerxética.
Os virólogos recomendan agora exactamente o que o estándar Passivhaus definiu durante moitos anos como o esencial que debería ter unha casa.
Desde 2012, a Unión Europea desenvolve unha directiva que obriga a que todas as novas vivendas teñan un consumo enerxético case cero a partir de xaneiro de 2021. Isto está a contribuír a espertar un maior interese por este tipo de vivendas pasivas.
c/ San Roque 33, Bajo
Santiago de Compostela
© Abeiro